A Xunta endurece os requisitos de acceso á tarxeta sanitaria para as persoas con menos recursos

Hai algo máis de dous meses a Xunta publicou a orde 5 de setembro de 2011 pola que se actualizaba o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego. A podedes consultar pinchando aquí.

Esta orde ademais de marcar un hito legal, no que por exemplo se lles pide 6 meses de antigüidade no padrón aos estranxeiros que queiran obter a tarxeta do SERGAS, semella ser a confirmación de que determinadas prácticas que estabamos a padecer teñen unha orientación. Falamos dos atrancos administrativos e atrasos que levan sufrindo moitas persoas que solicitan a tarxeta sanitaria sen recursos, da falta de información e transparencia nas medidas que se adoptan...

Estas xeito de actuar buscar desmontar o modelo actual e comeza polos sectores máis febles, amosando así que a sanidade para todos remata. As prácticas xa as coñecemos doutros mundos: a falta de claridade nos trámites, a lentitude dos mesmos, as ameazas de pago, etc. todo isto forma artella unha mensaxe unívoca de que o coñecido ata agora xa non serve e que pasamos a outro paradigma no que sabemos que sempre perden as mesmas.