Para a presentación do Ateneo do Morrazo pola Economía Social (AMES) contarán coa presenza de Xose Iglesias nunha charla sobre a Renda Básica o xoves 27.
AMES é unha asociación que ten como principal obxectivo fomentar o cooperativismo como alternativa á crise que vivimos así como apoiar todo tipo de iniciativas comunitarias. Nace da man dun grupo de persoas dos distintos concellos da comarca que queren loitar contra a progresiva degradación do territorio, poñendo especial énfase en recuperar os campos abandonados mediante acordos para que poidan xenerar de novo riqueza e emprego. O Ateneo do Morrazo pola Economía Social (AMES) defende unha cultura de consumo responsable, potenciando a relación entre productoras e consumidoras, e, dende logo, o respecto ao medio ambiente.
Como vimos anunciando, o próximo 27 de Xuño ás 20h00 terá lugar no Concello de Cangas a presentación do Ateneo do Morrazo de Economía Social.