Xornadas Maio: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika!

O 1 xuño hai convocada en toda Europa manifestacións en contra da Troika baixo o lema "Pobos Unidos contra a Troika". En Vigo varios colectivos animannos a participar a semana anterior a unhas xornadas que levan por título: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika! e que están programadas a modo de preparativos da gran manifestación do sábado 1 de xuño.

Nas xornadas, colabora o GAS a ODS de Coia e o Espazo Aberto Antimilitar, nas seguintes actividades:

SÁBADO 25 MAIO - "Ferramentas para a transformación social", Manolo Saez de Baladre. No CS Revolta (Real 12) ás 18h00 Nel ademais de falar sobre a Renda Básica das Iguais (así como as loitas recentes realcionada como as acampadas en Extremadura, as ILP´s en marcha), abordará cuestións como os puntos de información sobre dereitos sociais, a protesta social, as radios comunitarias ou a coordinación horizontal.

MARTES 28 MAIO - "Charla: Obxección Fiscal aos Gastos Militares" por parte do Espazo Aberto Antimilitar, ás 20:30h. no De Catro a Catro r/Gerona, 3.

O resto da programación neste enlace: nonaogastomilitar.org/content/xornadas-maio-constru-ndo-alternativas-vigo-contra-troika

Baladre

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais