"Portugueses", Xistra Souto

Colamos un novo texto de Xistra Souto sobre as penurias que sofren aquelas veciñas do Portugal empobrecido.

Portugueses

Naceu en Madeira como Cristiano Ronaldo.

En Portugal tampouco tiña emprego. Alí cobraba os 178 € ao mes do Rendimento Social de Inserçao (RSI)*.

Igual que en España ou Grecia, o goberno portugués limitou o sistema de protección social obedecendo os mandatos da “troika”: en 2010 había 527.627 perceptores do RSI que pasaron a 207.366 a comezos deste ano. En fin... que o deterioro das condicións de vida bate forte para quen mora nos barrios populares, no rural...

O caso é que viu probar sorte a España e malia algún emprego precario as cousas non melloraron. Un coñecido da rúa contoulle que cobraba unha “paga” que lla arranxara unha “asistenta” do concello. Animado pola conversa pide cita.

Un mes máis tarde, sae da entrevista con malas novas: non ten dereito a ningunha axuda.

De camiño ao albergue decátase que o importante dese luns é o “hat trick” de Cristiano...

---

* Renda que cobran en Portugal aquelas persoas que fican sen recursos