Xa temos todo preparado para a 6ª edición da escola de Acción Social Crítica e Transformadora que este ano celébrase en Coia co lema: "Comunidade é seguridade". 7, 8 e 9 de xullo son as datas da edición de 2023 que este ano veñen ao barrio vigués de Coia, en concreto aos locais da parroquia Cristo da Vitoria (r/Baiona 9, Vigo).
Compartimos o programa de actividades da sexta edición da escola organizada por Baladre, Zambra e ODS-Coia:
VENRES 7 xullo
18h00 - 18h30 | Acollida e inscricións
18h30 - 19h00 | Presentación da 6ª edición da escoliña: "Comunidade é seguridade"
19h00 - 21h00 | BLOQUE: "Saquemos as armas das nosas vidas". Para introducir este bloque contaremos con:
- Diego Rueda (Sin Poli)
- Marifé Navarro (Alternativa Antimilitarista MOC)
21h30 | Cea
SÁBADO 8 xullo
10h00 - 12h00 | BLOQUE: "Cooperar para facer comunidade". Para introducir este bloque contaremos con:
12h00 - 12h30 | Descanso
12h30 - 14h00 | BLOQUE: "Sen fronteiras máis libres". Coa participación de:
- Angy (Educación Social Antirracista e Casa Comunitaria Aluandê)
14h30 | Xantar
16h30 - 18h30 | BLOQUE: "Infancia perigosa, infancia en perigo". Coa participación de:
- Cintia Fresenga, integradora social en centro residencial para crianzas tuteladas
- Familia acolledora
18h30 - 19h00 | Descanso
19h00 - 20h30 | Recollida do traballado e peche
21h30 | Cea
DOMINGO 9 xullo
11h00 - Roteiro por Coia: saída desde a parroquia do Cristo da Vitoria.
- - -
Lembrade facer a inscrición nesta ligazón > rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org/formularios/escuela-julio-2023