O Foro Galego de Inmigración xunto con outras asociacións, entidades e colectivos, ven promovendo a campaña: "Protección Internacional, Dereito Fundamental. Non é Asilo é Reparación". No marco da mesma, convocan un acto público de adhesións á campaña que terá lugar o sábado 16 de outubro en Santiago de Compostela, no Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado nº 16), coa seguinte orde do día:
10h30 - Palestra Informativa sobre a Campaña coa participación de diversos colectivos.
12h15 - Receso
12h30 - Acto público de adhesións á campaña.
13h00 - Concentración na Praza Roxa de Santiago de Compostela, coa lectura de manifesto.
Recomendan tamén a lectura dun artigo publicado no xornal EL PAIS, que explica o que está a suceder neste terreo: https://elpais.com/espana/2021-09-30/escriva-quiere-restringir-la-entrad...