Presentación online do libro “Que comen las que mal comen?” coas autoras Isa Álvarez, Ruth Herrero e Lucía Shaw. Alimentación, dereitos sociais e soberanía alimentar será os asuntos que poderemos falar coas autoras. Será o venres 12 de febreiro ás 19:30 a través do Zoom.
Un convite a reflexionar sobre a situación alimentaria dos colectivos máis precarizados, coñecer que respostas se están a dar por parte das institución públicas e privadas e que impacto teñen estas políticas para a saúde e a autonomía das persoas. Exporanse propostas que se están a articular desde colectivos que (sobre)viven nas periferias para garantir o dereito a unha alimentación sana, accesível e de proximidade co fin de seguir construindo soberania alimentar desde prácticas comunitarias, emancipatórias, transformadoras e feministas.
Podedes seguir a actividade no Zoom na seguinte ligazón: https://us02web.zoom.us/j/82914633965
Organiza: Colectiva Ninguén sen Coidados (Transfeminismos Autónomos Compostela)