VII Semana de Loita contra as Fronteiras do 10 ao 14 de decembro

Dámoslle pulo á VII Semana de Loita contra as Fronteiras que organiza o Foro Galego de Inmigración.

Lei de Estranxeiría: exclusión e violencia, este é o lema da VII Semana de Loita contra as Fronteiras que se desenvolverá entre o 10 e o 14 de decembro na Galiza.

Desta volta visiblizaremos as vulneracións de dereitos que esta normativa conleva, xerando barreiras, exclusións e violencias sobre as vidas das persoas migrantes. Atentando polo tanto contra súa dignidade e lexitimando a exclusión, a explotación e a violencia como mecanismos de controle.

Da man de Julia Castillo Condori/ Warmi Kusisita ofereceremos unha ollada á Lei de Estranxeiría desde as loitas contra o patriarcado, o racismo e o colonialismo. A nosa convidada é muller aymara, integrante do Movimiento Migrante-Comunidad Feminista Antirracista e da Escuelita Antirracista y Antipatriarcal (Valencia).

O programa componse de actividades en Compostela, Vigo e Coruña dirixidas a abordar as exclusións e violencias exercidas sobre as mulleres e persoas migrantes e as loitas e resistencias antipatriarcais e antirracistas que se están articulando no Estado Español. Julia Castillo/ Warmi Kusisita tamén nos convida a repensar as prácticas feministas desde o vivir ben, a memoria e a comunidade, para construír un feminismo emancipatorio para as mulleres e os pobos.

A programación completa:

MARTES 10 COMPOSTELA | 20hs Concentración na Praza do Toural.

MÉRCORES 11 VIGO | 20hs Palestra “Racismo social e institucional: loita contra o patriarcado e o colonialismo” no CS Cova dos Ratos (R/ Romil, 3).

XOVES 12 COMPOSTELA | 16h30 - 18h30 Obradoiro “Autodefensa emocional antirracista para persoas racializadas e/ou migrantes. Local por confirmar.

20hs Palestra “Racismo social e institucional: loita contra o patriarcado e o colonialismo” na Casa do Matadoiro (Pza do Matadoiro, s/n).

VENRES 13 CORUÑA | 10h00 - 12h00 Participación cun faladoiro nas "Xornadas Asociacionismo e Mulleres" organizada pola Fundación Juan Soñador/Programa Teranga. Información: terangacorunaigualdad@fundacionjuans.org

20hs Palestra “Racismo social e institucional: loitas contra o patriarcado e o colonialismo” na Casa Museu Casares Quiroga (R/ Panadeiras, 12)

SÁBADO 14 COMPOSTELA | 17h00-19h30h Obradoiro “Sanación política a través da escrita, a comunidade e a memoria longa”. Para mulleres diversas e persoas non binárias. Casa do Matadoiro (Pza do Matadoiro, s/n)

20hs Chocolatada antifronteiras e antirracista. Espazo mixto/ diverso na Casa do Matadoiro (Pza do Matadoiro, s/n)