Dámoslle pulo á convocatoria pola reutilización do ambulatorio de Coia. Nesta ocasión rolda de prensa ás portas do edificio, mañá mércores ás 11:00.
Dende que o antigo Ambulatorio de Coia (na rúa Porriño), no mes de outubro, fose pechado e deixado sen uso, as veciñas de Coia propuxemos a posibilidade de recuperar ese espazo público para uso e goce da cidadanía, como recurso idóneo para dotar ao barrio das dotacións sociais e culturais que tanto precisamos.
Para isto facíase importante coñecer a opinión das veciñas sobre as necesidades de Coia, sobre os posibles usos que podería albergar este edificio abandonado polas administracións, e, sobre todo, a vontade de todas de traballar xuntas pola auto-organización, a recuperación e a xestión común e dende abaixo dos espazos comunitarios.
Logo de varias xuntanzas, e de obter datos por medio de enquisas, convocamos unha rolda de prensa para facer públicos os avances obtidos neste tema.