[1] Axudas da Xunta para pagamento da luz: Ticket Eléctrico Social

No DOG do 31 de decembro de 2015 a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicaba a convocatoria para 2016 do "TICKET ELÉCTRICO SOCIAL". Á espera de facer unha valoración achegamos un pequeno resumo desta nova axuda:

Ticket Eléctrico Social

Beneficiarias:

- Familias nas que convivan fillos menores ou persoas con discapacidade de mínimo 33%.

- Non superar 1,5 € IPREM (745,51 €/mes) (renda 2014).

Contía da axuda:

180 € de máximo, que chegan aos 300 € no caso das familias numerosas.

Prazo presentación:

15 de xaneiro ao 31 de Xullo (ou até esgotar o crédito: 2.100.000 €)

- Presentación electrónica obrigatoria.

Prazo resolución:

3 meses dende o fin do prazo de solicitude, é dicir, dende o 31 outubro de 2016. O silencio é negativo.

- Posibilidade de notificación por DOG.

---

Toda a info da convocatoria: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151230/AnuncioG0424-281215-001...