Achegamos a convocatoria da recén creada asemblea de apoio @s menores que organizan a vindeira semana unha xornadas en Ourense co título: "Centros de Menores: Pechadxs en Democracia II".
Terán lugar no Campus universitario de Ourense o vindeiro Xoves 21 e Venres 22, e estará xente da Asemblea contra os centros de menores de Madrid, coa abordaxe da medicalización da infancia por parte da Xuntanza Antiprohibicionista e con relatos contados en primeira persoa.
O sábado 23 na Casa da Xuventude teremos a oportunidade de coñecer ao colectivo Saltando Charcos de Burgos e o seu proxecto de rúa "La Otra Escuela", un grupo de mozxs que encontraron no hip-hop e no breakdance un medio para a expresión das súas inquedanzas e que actuarán no C.S.O Kasa Negra esa mesma noite ás 20hs.
"Saltando Charcos" configúrase como un proxecto solidario con menores, mocidade e as súas familias que por diferentes causas, xa sexan, económicas, políticas ou sociais encóntranse nunha situación de desvantaxe social. Trátase dunha iniciativa que participa de forma activa na vida comunitaria do barrio. Máis info: saltandocharcosburgos.blogspot.com.es