Prestacións

Neste apartado ofrecemos información das prestacións sociais públicas en Galicia, xa que ante os problemas de precariedade laboral, as insuficientes contías das pensións, o elevado prezo da vivenda... cómpre estar ben informados dos nosos dereitos. As prestacións máis destacadas son a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) e as Axudas de Inclusión Social (AIS).

Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) “é unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria”.

Se queredes máis info botade un ollo á Guía de Axudas Sociais > http://odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/Guia%... ou a estes documentos que xuntamos: a guía feita polos compañeiros de Berri Otxoak e o documento "Aliados de los pobres".

INTERESANTE 2023! Caixa de ferramentas de ATD Cuarto Mundo > https://atdcuartomundo.es/que-hacemos/alternativas-para-una-vida-digna/derechos-para-todos-y-todas/caja-de-herramientas-de-la-oficina-juridica-para-los-derechos-sociales/