Co título: Na defensa das persoas, contra a Unión Europea do capital! diferentes colectivos da cidade organizan unha mesa redonda na que participarán:
- Manolo Sáez (Baladre) Falará da perda de dereitos que nos trouxo a UE coa súa política globalizadora e neoliberal e da historia das loitas contra ela no estado español.
- Mari Fidalgo (Raias Traveseiras) Analizará as consecuencias das “medidas de austeridade” promovidas pola UE dende unha perspectiva de xénero.
Sábado 9 de marzo ás 19h30 no CSA "A Cova dos Ratos" (Romil,3 baixo)
Este acto se inxire nas actividades pormovidas polas convocatorias para a semana do 11 ao 17 de marzo:que darán lugar a movilizacións en toda Europa, especialmente en Bruselas e no caso do estado español en Madrid:
"Nos últimos encontros internacionais de colectivos e movementos sociais traballouse na planificación de accións conxuntas que sirvan para promover a confluencia de loitas e, con isto, alcanzar un maior impacto. No encontro Firence 10+10, que tivo lugar o pasado mes de novembro e ao que asistiron máis de 3000 activistas de 300 plataformas e organizacións, acordouse a convocatoria dun Día de Acción Europeo coincidindo coa celebración do próximo Cumio da Unión Europea previsto para mediados de marzo en Bruxelas.
Os recortes e privatizacións, a desregulación do mercado laboral, as axudas á banca, a privatización no pagamento da débeda ante calquera gasto social e, de maneira xeral, o fomento dunhas maiores desigualdades económicas e sociais son medidas e políticas que, baixo a escusa de crise, están impoñéndose no estado español e no resto de Europa. As institucións e marcos legais da Unión Europea foron construídos co apoio de todos os gobernos europeos para servir os intereses das grandes empresas e bancos, o que supón unha diminución de dereitos e liberdades da cidadanía europea. No vindeiro cumio da UE prevese a presentación de novos plans e pactos que redundan na perda de soberanía popular, a conivencia dos poderes políticos e económicos, as desigualdades e a opresión de persoas e pobos en favor do capital.
Conscientes de que os centros de poder se moveron da escala estatal cara á internacional, e de que a loita común dos pobos europeos ten máis oportunidades de éxito que as loitas illadas, estanse trazando as bases para a mobilización cidadá arredor do rexeitamento dos tratados, pactos e institucións que rexen Europa baixo unha perspectiva internacionalista. Son lemas como “Contra a Europa das grandes corporacións e a banca!” os que axudan a visualizar a conivencia dos poderes económico e político, poñendo o acento en que a opresión é algo sistémico e global, polo que a loita tamén ten que selo."