O Grupo Imán convídanos a “EXPOFOTOS LUIS CENDÓN”, que permanecerá aberta ao público no Centro Cívico do Casco Vello (rúa Oliva, 12, baixo) dende o día 4 ata o 11 de setembro en horario de 10:00 a 13:30 e de 17:30 a 21:30 horas.
Esta exposición fotográfica presenta a ollada persoal de Luis Cendón, compañeiro do grupo, sobre a realidade das persoas sen teito da nosa cidade e está organizada en torno a catro bloques temáticos: abandono e especulación urbanística; sen teito: inxustiza e morte; acción, loita e solidariedade; festa e acougo.
O Imán pretende adicar esta exposición aos reporteiros gráficos dos medios de comunicación, que dende hai moitos anos veñen cubrindo as actividades reivindicativas convocadas dende este colectivo e que tanto ben fan co seu traballo á consecución do obxectivo de acadar unha realidade máis xusta para as persoas sen teito.