Crónica da charla: "Represión xenófoba, políticas migratorias e estratexias de resistencia"

As tres compañeiras do colectivo Ferrocarril Clandestino comezaron a palestra cunhas breves pinceladas sobre a política da Unión Europea en relación á inmigración: fonteriras físicas e invisibles, suposta axuda ao desenvolvemento que se traduce en fronteiras situadas nos países do "terceiro mundo", etc.

A continuación faláronnos da campaña polo peche dos CIEs, na que xunto a outros colectivos traballa Ferrocarrril Clandestino. Ademais das actividades que se levan a cabo dentro da campaña achegáronnos a realidade do funcionamento dos CIEs e da política de expulsións do estado español.

Finalmente, presentaron outra das liñas de actuación do colectivo: a súa participación na campaña "yo  sí, sanidad universal" da que podedes coñecer un pouco máis neste enlace: yosisanidaduniversal.net
Unha vez rematada a súa presentación houbo tempo para  o intercambio de opinións e as preguntas por parte das/os asistentes.

Posto que a palestra foi gravada por GzContrainfo, en canto estea dispoñible o vídeo enlazarémolo para que as que non puidestes asistir poidades igualmente coñecer un pouco máis sobre o Ferrocarril Clandestino, pero sobre todo sobre o seu ámbito de traballo; a realidade da inmigración no estado español, un mundo que para a maioría de nos resulta invisible.

Vídeo da palestra: www.galizacontrainfo.org/palestra-represi%C3%B3n-xen%C3%B3foba-pol%C3%ADticas-migratorias-e-estratexias-de-resistencia