Charlas en Vigo sobre Renda Básica Universal con Felix Coeln (Partido Pirata Alemán)

Esta semana coincidindo coa presenza en Vigo de Félix Coeln, candidato ao Parlamento Nacional de Alemaña polo Partido Pirata Alemán, teremos a oportunidade de escoitalo en tres charlas sobre Renda Básica.

- Martes 8 de xaneiro ás 20h00 na Cova dos Ratos (Romil 3 baixo)

- Venres 11 de xaneiro ás 18h00 na Asociación Ser Hacer (Praza Sta Rita 3, baixo)

- Sábado 12 de xaneiro ás 18h00 na AAVV Feira do Cabral (Riomao, 21)

Nas charlas falarase de Renda Básica, que é? como se pode levar a cabo? experiencias de RB noutros territorios, etc. E tamén de aspectos como traballo e ingresos, da situación en España e en Europa, do dereito a unha vida digna, das necesidades básicas, do futuro do emprego e de cales serán as consecuencias do desenvolvemento tecnolóxico. Todo isto e moito máis...