Reportaxe sobre a RBis no xornal Sermos Galiza
Algunhas compañeiras da ODS-Coia e de Baladre están ao tanto de que o estudo de viabilidade da RBis en Galiza está case preparado e que a finais deste ano o poderedes ter nas vosas mans. Dentro do proceso de elaboración do estudo a xente do xornal Sermos Galiza colleunos no camiño e entrevistounos a varias das que estabaamos con este traballo e recentemente publicaron un artigo sobre a RBis baixo o título: "E se todas as persoas cobrásemos 848€?":
No sistema económico actual, cunha crise dos coidados que leva décadas a bater en nós e cuxa dimensión real só se percibe se afastamos o ollar dos mercados para colocalo na sustentabilidade da vida, a Renda das Iguais sería a paga que percibiriamos polo feito de termos nacido e co obxectivo de cubrirmos as necesidades básicas.
En 1984 as mulleres da Asemblea de Paradas de Gasteiz fixáronse na necesidade de que o emprego deixase de ser o centro das súas vidas. Xa daquela puxeron riba da mesa a crise dos coidados e, após anos de sindicalismo tomando institucións e empresas, remarcaron que esa forma de loita non resolvería a súa situación. Pasara un ano desde aquelas reflexións cando o peche nunha oficina de emprego —en protesta pola retirada do taboleiro coas ofertas— foi brutalmente reprimido pola policía española. As mulleres refuxiáronse nunha igrexa e alí ficaron tres meses.
Coa súa teimosía conquistaron para quen menos tiña dereitos que nin podían soñar, como a gratuidade no transporte e na entrada a piscinas e cines. Ou o máis importante: acceso á vivenda, a unha compra mensual de roupa e á aprendizaxe do éuscaro, para alén da conxelación das hipotecas. Colocaron no albo do debate o dereito de todas as persoas a veren satisfeitas as súas necesidades básicas polo simple feito de teren nacido. A falta de apoio social tombou a reclamación dunha renda forte que dese cobertura económica a unha vida digna. Cumpríronse 28 anos do encerro mais, só agora, as voces a prol dese salario social universal comezan a seren ouvidas na Galiza.
Máis emprego e mellor vida
Ten 52 anos, traballa desde os 16 e só ten cotizados 20 e un par de meses. Coidou das dúas fillas, da súa nai e da tía da súa parella. Coida agora dunha tía e dun tío dependentes que non cobran prestación. A atención dos animais que hai na casa tamén é cousa dela. Ao tempo, traballa —asegurada a media xornada—, ás mañás nunha residencia de persoas idosas e ás tardes pasando o ferro nunha tinturaría. No tempo que lle queda, limpa cinco casas, unha cada día da semana. Co que xunta fai fronte a todos os pequenos gastos da casa: comida, luz, garrafas do gas. Pola auga non pagan na aldea, de momento. Calquera pode pensar que quere morrer rica, mais o que gaña dálle para sobrevivir, sen luxos nin antollos, e para imitar as formigas, facendo petos á espera de tempos peores.
Sara, nome ficticio que agocha calquera persoa cuxa vida fique subordinada ao traballo —sexa este remunerado ou non—, está convencida de que de saír adiante a proposta dun salario social, "a xente deixaría de traballar, sería unha fábrica de vagos". Mais, ao lle preguntarmos que faría ela, contesta co mesmo convencemento: "faría menos horas e na aldea volveriámonos xuntar as veciñas para falarmos dos eidos, dos homes, dos fillos... para intercambiarmos plantas! Vaia... non me acorda xa facer estas cousas..."
Máis unha ferramenta para o cambio
Para alén de preguntaren de onde sairían os cartos, como Sara responderon a maior parte das persoas entrevistadas por Lucía Medina. Fai parte da equipa que está a desenvolver na Galiza o estudo de viabilidade da RBis —Renda Básica das Iguais—, que se presentará en decembro. Mais, que é iso da RBis? Unha renda básica forte, un salario social universal, o mesmo que reclamaban as paradas de Gasteiz hai case tres décadas. Detrás do informe está unha organización, Baladre —coordinación estatal da loita contra a pobreza, o paro e a exclusión social—.
O seu responsábel, Manolo S. Bayona, matiza o concepto: "Non é 'a ferramenta', senón unha ferramenta máis; e non é unha alternativa, senón un instrumento máis na loita social". Así as cousas, a contía que cobraría cada persoa sería o 50% da renda per capita: 20.343€, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística para o ano 2010. Botando contas saen 847,62€ ao mes. Aplicaríase por fases, comezando polos colectivos máis vulnerábeis, e co obxectivo de ir construíndo un fondo social.
Sen esquecer as características demográficas do noso país, cunha poboación envellecida e ao redor de 100.000 dependentes, "a RBis suporía un cambio nas relacións sociais na Galiza ou na China". Quen fala é Diego Lores, da Oficina de Dereitos Sociais de Coia. Como Lucía Medina —da Cova da Terra—, tamén el fixo parte dos traballos de campo para o estudo. Incide en que o obxectivo é abrir unha fenda no sistema e unha reflexión ao redor da sustentabilidade da vida. "Debater, espertar á posibilidade de redistribuírmos a riqueza, é xa un paso moi importante", di Lores. "O que se procura é un escenario onde non habería ningunha persoa sen ingresos. Todas terían cubertas as súas necesidades básicas e, quen ten o negocio colgando dun fío porque non pode mantelo, resistiría".
Cando o Goberno español vén de asestar unha machetada que deixa os dereitos sociais na agonía, tal contexto semella pedir a berros unha renda social forte —a RBis, fronte á apropiación do concepto renda social por parte do sistema para conceder axudas que seguen a capitalizar o noso traballo—. Mais esta ferramenta, é viábel?
"As preguntas do estudo están pensadas para que quede claro que cartos hai; iso si, concentrados en poucas mans", explica. Conta que gostaría de repetir as 200 entrevistas "agora", coa frialdade dos números como aliada. Tanto Manolo S. Bayona como Lores e Medina teñen moi claro que a RBis "é viábel". O diñeiro para pagala habería que ripalo das contas das grandes fortunas —que pagarían taxas maiores—, do investimento en armas, das esmolas da igrexa e da casa de El-Rei.
---
Fonte: www.sermosgaliza.com//artigo/social/e-se-todas-as-persoas-cobrasemos-848/20120831135801004679.html
ODS-Coia
Punto de información sobre dereitos sociais, que funciona dende setembro de 2007, coa vontade de: ofrecer información alternativa sobre axudas sociais, visibilizar/denunciar o empobrecemento e buscar respostas colectivas fronte a exclusión e a perda de dereitos.
Horario / Contacto
Atendemos os LUNS de 17.00 a 19.00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9 b -Coia-)
Tel. 986 21 34 53 - 696 618 732
Email: dereitossociais@gmail.com
Grupo de Axitación Social
O Grupo de Axitación Social é un colectivo de resistencia ao capitalismo, que centra a súa actividade no eido local, a reinvindicación de dereitos sociais, o reparto da riqueza, e rexeitamento do militarismo e do desarrollismo.
Falamos de...
Nosotras las personas
Radio Pimienta e Baladre achégannos neste programa de radio feito dende Canarias loitas e búsquedas polos dereitos sociais máis alá de territorios, de organizacións, de grupos...
Twitter ODS-Coia
- @Tecnocoia unha pregunta? O xentilicio de Coia é... vos poñedes "coiotes" entendemos que broma...
- Conferencia ARQUEOLOXÍA DE COIA http://t.co/3pfKhFZGdP @cristodavictoria
- “Cualquier sistema que montéis sin nosotros será derribado" http://t.co/CNnFK3kGKK
- Llegar a fin de mes, ¿imposible? http://t.co/73AcKzpLhx vía @el_pais
- Sin nombre http://t.co/zz5ViCTlg2 @baladrinas @cristovictoria
Grupo Axitación Social (G.A.S.)
- Xornadas Maio: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika!
- 1 xuño Manifestación en Vigo "Pobos Unidos contra a Troika"
- Xoves 16/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade no Alcampo de Coia
- Crónica do acto de rúa ás portas da UTS Coia para esixir unha Renda Básica
- Luns 6/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade diante das portas da UTS Coia
Renta Básica das iguais
- Exigimos en la puerta del Alcampo de Coia una Renta Básica
- Jueves 16/05 - Acto de calle por el derecho a vivir con dignidad en el Alcampo de Coia
- Campamento dignidad día 80, último día
- La Renta Básica de las Iguales. ¿Una opción en tiempos de crisis?
- Empeza a súa andaina en Lugo o Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica
Asociación Contra a Exclusión Social Alambique
Comunidade Cristiá do "Cristo da Victoria" - Coia
Asemblea Canaria polo Reparto da Riqueza
- 1º de MAYO – MANIFESTACIÓN desde la Plaza de Los Patos S/C Tenerife – 11h
- CAMPAÑA ¡SALVEMOS A ROSY CUBAS! “Por una Sanidad Pública digna, gratuita y de calidad”
- Exigimos explicaciones ante el supuesto fraude de ley entre el Ayuntamiento de La Orotava y el Concejal de CC Domingo Acosta
- Acampada en la oficina de empleo en Mérida por la Plataforma por la Renta Básica en Extremadura
- Lunes 28 en CSO Taucho: Taller de Herramientas para la Transformación Social: RBis y Puntos de Información Derechos Sociales
la trastienda
- Entre la Academia y la Caverna (Juan Andrade)
- Huelga del 9 de mayo: Jornada histórica en la enseñanza extremeña
- La Asamblea extremeña aprueba la ley de Renta Básica de espaldas a las acampadas
- Escrache contra el paro y la miseria ante el Hotel Emperatriz
- Los Campamentos Dignidad denuncian las negociaciones secretas sobre la Renta Básica y la ofensiva antisocial







