Algúns recortes en dereitos sociais
Levamos varias semanas preparando unha nova campaña e no proceso de elaboración da mesma fomos atopando novas que poñen de manifesto a enorme cantidade de recortes no terreo dos dereitos sociais. Aquí deixamos unha mostra do atopado que ordenamos por administracións para facilitar o seu seguimento:
:: Na Xunta de Galiza
- Foron eliminadas as Axudas de integración ao Menor no 2011. Segundo di a lei tratábse de axudas individuais de prevención e apoio á familia e atención ao menor, mediante o procedemento de concorrencia competitiva A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico e profesional ás familias para garantirlles a atención adecuada aos seus fillos e favorecer que permanezan no seu medio, evitando os riscos de desestruturación familiar, así como facilitarlles ás unidades familiares a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación dos menores así como a capacidade de autoorganización do núcleo familiar.
- Lei de Dependencia: compañeiras informan que hai expedientes que levan meses parados por falta de cartos, malia estar aprobados. A maiores segundo lemos na prensa a "demora en el calendario de la Ley de Dependencia para 2012 afectará a unas 30.000 personas, suponen el 2,3% de los beneficiarios y el coste de su atención es un 0,6%. Las prestaciones para estas personas, las más baratas del sistema, alcanzarían unos 40 millones al año. El Gobierno concede 60 euros mensuales por cada uno de ellos y las comunidades, de forma global, suelen aportar algo más del doble de esa cifra (dependiendo de la prestación concedida)."
- Incremento dun 20% das tarifas das garderías da Xunta. Esta subida afectara ás rendas superiores a 1200€, ao redor do 50% das familias.
- Eliminación ou recortes en programas de atención a colectivos en exclusión: peche do programa para nenxs e adolescentes “NA RÚA”, peche centro público de menores de Montealegre (Ourense), recortes en programas de atención a persoas con VIH como a casa do Comité Cidadán Antisida de Ourense.
- Parada durante o 2012 do programa de vivenda en aluguer protexida da Xunta. Podemos ler na prensa que el programa Aluga de la Xunta que gestiona una bolsa de viviendas destinadas al alquiler con subvenciones autonómicas, echa el cierre a la incorporación de nuevos pisos. Dende a Xunta argumentan que un dos motivos do peche é o elevado número de vivendas desocupadas do programa, o que choca coas dificultades de acceso a vivenda da maioría, co elevado número de desafiuzamentos, coa insuficiencia de oferta de vivenda protexida, co pago de hipotecas abusivas...
- Recorte do 40% no orzamento para axudas por fillo menor de 3 anos. En 2010 ascendía a 4,8 millóns e para este ano as partidas previstas se reducen a 2,7 millóns de euros
:: No Concello de Vigo
- Endurecemento dos requisitos de acceso ás axudas municipais, coas que as traballadoras sociais do concello tentar atallar problemas de vivenda, cubrir necesidades básicas... Con estes trocos, a idea é non conceder axudas de alimentos para perceptoras de prestacións mínimas como: RISGA, RAI, PNC, axuda familiar...
- Axuda no fogar parada, dende hai meses que non se conceden altas nun programa básico para persoas maiores ou dependentes.
- Eliminación ou recortes en programas de prevención con menores de idade, con colectivos excluídos...
Dende o Goberno central temos recortes no plan concertado a través do cal os municipios obteñen cartos para prestar servizos básicos en materia de acción social, eliminación do cheque-bebé de 2500€... e moitos máis pasados e futuros.
E non falando estritamente de recortes, se botamos unha ollada ao panorama de RISGA e AES atopamos:
- En momentos do ano pasado para dar alta en RISGA era necesario agardar por unha baixa.
- Endurecemento dos requisitos de acceso e maior celo nas renovacións.
- Mantemento dos orzamentos malia o elevado número de solicitudes, para a Provincia de Pontevedra algo máis de 10 millóns de euros para RISGA.
- Deixan de concederse AES para troco de vivenda, argumentando que temos a (im)posibilidade de acollernos ás efectivas políticas de vivenda protexida.
Achegamos un anaco da realidade, que como sabemos convive coa acumulación de riqueza en mans dunha minoría e coas axudas millonarias a sectores como a banca, a automoción...
ODS-Coia
Punto de información sobre dereitos sociais, que funciona dende setembro de 2007, coa vontade de: ofrecer información alternativa sobre axudas sociais, visibilizar/denunciar o empobrecemento e buscar respostas colectivas fronte a exclusión e a perda de dereitos.
Horario / Contacto
Atendemos os LUNS de 17.00 a 19.00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9 b -Coia-)
Tel. 986 21 34 53 - 696 618 732
Email: dereitossociais@gmail.com
Grupo de Axitación Social
O Grupo de Axitación Social é un colectivo de resistencia ao capitalismo, que centra a súa actividade no eido local, a reinvindicación de dereitos sociais, o reparto da riqueza, e rexeitamento do militarismo e do desarrollismo.
Falamos de...
Nosotras las personas
Radio Pimienta e Baladre achégannos neste programa de radio feito dende Canarias loitas e búsquedas polos dereitos sociais máis alá de territorios, de organizacións, de grupos...
Twitter ODS-Coia
- Uno de cada cinco parados lleva tres o más años sin trabajar http://t.co/PHDStSi0Me vía @publico_es
- #galiza #1X, Europa e Vigo saen á rúa, fai un #EscracheATroika 01/06/2013 A manifestación sae da Praza de España @baladrinas
- Redes locais de axuda mutua: Estamos a vivir momentos duros, pero semella que aínda poden vir peor para as xen... http://t.co/HFkUreGERV
- Folga de fame: "El SERGAS te cura el cáncer. El INSS y el INEM te matan de hambre": Nun dos actos organizados ... http://t.co/ngragnszQj
- Folga de fame: "El SERGAS te cura el cáncer. El INSS y el INEM te matan de hambre": http://t.co/akIpTl8WS8 @cristovictoria @LopezdeC
Grupo Axitación Social (G.A.S.)
- Xornadas Maio: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika!
- 1 xuño Manifestación en Vigo "Pobos Unidos contra a Troika"
- Xoves 16/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade no Alcampo de Coia
- Crónica do acto de rúa ás portas da UTS Coia para esixir unha Renda Básica
- Luns 6/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade diante das portas da UTS Coia
Renta Básica das iguais
- Exigimos en la puerta del Alcampo de Coia una Renta Básica
- Jueves 16/05 - Acto de calle por el derecho a vivir con dignidad en el Alcampo de Coia
- Campamento dignidad día 80, último día
- La Renta Básica de las Iguales. ¿Una opción en tiempos de crisis?
- Empeza a súa andaina en Lugo o Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica
Asociación Contra a Exclusión Social Alambique
Comunidade Cristiá do "Cristo da Victoria" - Coia
Asemblea Canaria polo Reparto da Riqueza
- 1º de MAYO – MANIFESTACIÓN desde la Plaza de Los Patos S/C Tenerife – 11h
- CAMPAÑA ¡SALVEMOS A ROSY CUBAS! “Por una Sanidad Pública digna, gratuita y de calidad”
- Exigimos explicaciones ante el supuesto fraude de ley entre el Ayuntamiento de La Orotava y el Concejal de CC Domingo Acosta
- Acampada en la oficina de empleo en Mérida por la Plataforma por la Renta Básica en Extremadura
- Lunes 28 en CSO Taucho: Taller de Herramientas para la Transformación Social: RBis y Puntos de Información Derechos Sociales
la trastienda
- Manifiesto Salir del Euro: por la soberanía económica, monetaria y ciudadana
- ¿Hemos estudiado por encima de nuestras posibilidades? (Agustín Moreno)
- Entre la Academia y la Caverna (Juan Andrade)
- Huelga del 9 de mayo: Jornada histórica en la enseñanza extremeña
- La Asamblea extremeña aprueba la ley de Renta Básica de espaldas a las acampadas







