Quen nos dera ser automóbiles
Como xa ven sendo habitual a xente de GAS e a ODS-Coia xuntámonos para lanzar un texto titulado "Quen nos dera ser automóbiles":
"Quen nos dera ser automóbiles"
Estamos cansas do medo; do medo que nos quere inocular o poder a través dos gobernos, dos medios de comunicación, da policía...; xa que como di unha pintada diante da entrada á Unidade de Traballo Social (UTS) de Coia: “Tus miedos, su dinero”.
A lugares como as UTS chega moita xente mal acostumada a vivir diariamente con demasiados medos: a que lle corten a luz, a que os boten da vivenda, a abrir a neveira e non atopar nada, a non poder pagar a medicinas... Na procura de respostas a situacións como as descritas acoden aos servizos sociais, que agora máis que nunca din que “non hai cartos”. E como dixo Aitana un día na ODS-Coia “por desgracia en este mundo, lo único que te hace falta para vivir es dinero”.
Pero algunhas non temos tan claro iso de que “non hai cartos” e esas respostas comezan a cansar, cando por exemplo comparamos as nosas vidas coas dos coches. Con dúas novas, queda explicado o título deste artigo:
- “A Xunta gastará 11 millóns para patrocinar dous furgóns de Citroën”: o goberno autonómico atopa para a multinacional francesa os cartos que non ten para pagar RISGAS e Axudas de Emerxencia dos máis de 25000 fogares sen ingresos en Galiza.
- “Plan PIVE: nova axuda de 2000 euros pola compra de coche”: a industria da automoción rabuña 75 millóns do goberno central para axudas directas á compra de automóbiles mentres deixa a máis de 70.000 persoas en Galiza comendo grazas aos bancos de alimentos.
E todo nun mundo no que se dedican grandes extensións de terreo para dar de comer aos automóbiles, mentres millóns de persoas non poden pagar alimentos básicos que non paran de incrementar os seus prezos por mor da demanda de biodiésel.
O réxime no que vivimos maltrátanos co paro, coa precariedade, cos recortes, coa criminalización da protesta, co silencio... por iso é necesario artellar respostas colectivas e dende abaixo que abran fendas ao capitalismo para seguir na loita, para facer unha sociedade entre todas, na que de verdade non esteamos encadeadas aos cartos, sufrindo para conseguilos e morrendo cando non os temos.
Dende hai tempo a ODS-Coia e o GAS con outras xentes e colectivos defendemos a Renda Básica das Iguais, unha ferramenta máis ao servizo da superación desta crúa realidade, como unha forma de repartir a riqueza que creamos socialmente, e unhas poucas usurpan a todas apropiándose dos medios naturais, de produción, do noso traballo... Propoñémosvos que exercitedes a vosa imaxinación pensando como serían as vosas vidas se cobrarades 879€ ao mes?
Seguiriamos traballando no que nos gusta e nos enche? (non falamos da explotación salarial), deixariamos de estudar o que nos interesa?, dedicariamos máis tempo a estar coas persoas que nos necesitan?, recuperariamos o noso tempo e as nosas forzas para loitar, para construír, ese mundo que queremos sen eses medos que nos atenazan?
Vigo, outubro 2012
ODS-Coia e GAS
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| quen_nos_dera_ser_automobiles.pdf | 586.21 KB |
ODS-Coia
Punto de información sobre dereitos sociais, que funciona dende setembro de 2007, coa vontade de: ofrecer información alternativa sobre axudas sociais, visibilizar/denunciar o empobrecemento e buscar respostas colectivas fronte a exclusión e a perda de dereitos.
Horario / Contacto
Atendemos os LUNS de 17.00 a 19.00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9 b -Coia-)
Tel. 986 21 34 53 - 696 618 732
Email: dereitossociais@gmail.com
Grupo de Axitación Social
O Grupo de Axitación Social é un colectivo de resistencia ao capitalismo, que centra a súa actividade no eido local, a reinvindicación de dereitos sociais, o reparto da riqueza, e rexeitamento do militarismo e do desarrollismo.
Falamos de...
Nosotras las personas
Radio Pimienta e Baladre achégannos neste programa de radio feito dende Canarias loitas e búsquedas polos dereitos sociais máis alá de territorios, de organizacións, de grupos...
Twitter ODS-Coia
- @PAHVigoTui graciñas polo convite de hoxe, e moito ánimo pola vosa exemplar loita
- Precisamos xuntar máis escritos vinde xoves 30 ao acto polo dereito a vivir con dignidade na Praza da Constitución: http://t.co/q6PJkM2vtx
- La protección social en España pasa por el empleo: http://t.co/sByaz6kKX6 via @eldiarioes
- Galicia supera la media española de personas sin hogar - http://t.co/jIuhq67ESG
- Doscientos alquileres para desfavorecidos http://t.co/z9W9mJkq3T @cristovictoria
Grupo Axitación Social (G.A.S.)
- Xornadas Maio: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika!
- 1 xuño Manifestación en Vigo "Pobos Unidos contra a Troika"
- Xoves 16/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade no Alcampo de Coia
- Crónica do acto de rúa ás portas da UTS Coia para esixir unha Renda Básica
- Luns 6/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade diante das portas da UTS Coia
Renta Básica das iguais
- Exigimos en la puerta del Alcampo de Coia una Renta Básica
- Jueves 16/05 - Acto de calle por el derecho a vivir con dignidad en el Alcampo de Coia
- Campamento dignidad día 80, último día
- La Renta Básica de las Iguales. ¿Una opción en tiempos de crisis?
- Empeza a súa andaina en Lugo o Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica
Asociación Contra a Exclusión Social Alambique
Comunidade Cristiá do "Cristo da Victoria" - Coia
Asemblea Canaria polo Reparto da Riqueza
- 1º de MAYO – MANIFESTACIÓN desde la Plaza de Los Patos S/C Tenerife – 11h
- CAMPAÑA ¡SALVEMOS A ROSY CUBAS! “Por una Sanidad Pública digna, gratuita y de calidad”
- Exigimos explicaciones ante el supuesto fraude de ley entre el Ayuntamiento de La Orotava y el Concejal de CC Domingo Acosta
- Acampada en la oficina de empleo en Mérida por la Plataforma por la Renta Básica en Extremadura
- Lunes 28 en CSO Taucho: Taller de Herramientas para la Transformación Social: RBis y Puntos de Información Derechos Sociales







