Que é a ODS - COIA?
A ODS-Coia ofrece información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e acompañamento na denuncia da pobreza e da precariedade. Ademais disto contamos tamén cunha avogada que nos bota unha man en cuestións legais.
O fin é avanzar - ou non retrodecer - no recoñecemento dos dereitos sociais e facer visible a pobreza e a exclusión na que viven moitas persoas do noso arredor.
As administracións - Concello de Vigo e Xunta de Galicia - son as encargadas de xestionar os recursos necesarios para atender ás persoas que por calquera causa pódense atopar en situacións carenciais. O problema está en que tanto na parroquia como noutros grupos detéctamos que a administración lonxe de corrixir as desigualdades que xera o sistema neoliberal está aumentando a brecha.
Por isto abrimos un servizo ao marxe das administracións que proporcionase información aos potenciais solicitantes de prestacións sociais (natureza das axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e que xuntara ademais a denuncia da pobreza e da precariedade no noso entorno.
ODS-Coia
A ODS-Coia leva funcionando dende o mes de setembro de 2007 co obxectivo de ofrecer información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e de sumar forzas na loita contra a desigualdade e a precariedade.
Horario / Contacto
Atendemos os LUNS de 17.00 a 19.00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9 b -Coia-)
T. 696 618 732 | dereitossociais@gmail.com
Falamos de...
Nosotras las personas
Radio Pimienta e Baladre achégannos neste programa de radio feito dende Canarias loitas e búsquedas polos dereitos sociais máis alá de territorios, de organizacións, de grupos...



