A prensa recolle os problemas dos servizos sociais á hora de atender as demandas dos cidadáns
A prensa comeza a facerse eco dos retrasos e da mala organización dos servizos sociais públicos que están a quedar de manifesto ante o aumento de persoas que acoden a estes servizos para buscar solucións aos problemas provocados polo sistema agudizados aínda máis pola crise económica.
Os orzamentos non chegan, deixando claro que a atención e o recoñecemento dos dereitos dos máis empobrecidos non están nas primeiras páxinas das axendas políticas (artigo Público).
No ámbito local isto toma corpo nos retrasos que levamos anunciando dende hai tempo na tramitación de prestacións tan básicas como a RISGA e as AES, nas que o retraso medio está ao redor dos seis meses (artigo Faro de Vigo). Seguimos dicindo que estas prestacións son insuficientes, pero parécenos moi grave que as administracións públicas deixen en mans de institucións privadas a resposta aos nosos problemas. Un exemplo claro destas políticas a estamos a sufrir en Vigo coa loita pola apertura dun albergue público para os sen teito, ata o momento nin Xunta nin Concello foron capaces de abrir un edificio en condicións para os centos de persoas que malviven nas rúas das cidade e que tan so teñen como recurso albergues privados nos que se coñecen abusos a estas persoas.
ODS-Coia
A ODS-Coia leva funcionando dende o mes de setembro de 2007 co obxectivo de ofrecer información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e de sumar forzas na loita contra a desigualdade e a precariedade.
Horario / Contacto
Atendemos os LUNS de 17.00 a 19.00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9 b -Coia-)
Tel. 986 21 34 53 - 696 618 732
Email: dereitossociais@gmail.com
Nosotras las personas
Radio Pimienta e Baladre achégannos neste programa de radio feito dende Canarias loitas e búsquedas polos dereitos sociais máis alá de territorios, de organizacións, de grupos...
Twitter ODS-Coia
- odscoia: Tradución da reforma laboral http://bit.ly/99rnGQ via @AddToAny
- odscoia: Los socialistas hacen caso omiso de los informes y culpan de intrusismo a María Méndez: http://bit.ly/8Y09fg
- odscoia: La Xunta avala la propuesta del BNG y ve inviable la alternativa del PSOE: http://bit.ly/aR6Qiy
- odscoia: Ubicaciones Indigentes: http://bit.ly/bu6kPS
- odscoia: Carlos Font, cintura de bailarina: http://bit.ly/9syKJp
Comunidade Cristiá do "Cristo da Victoria" - Coia
- A Comunidade estrease nas redes sociais con presenza en Facebook e en Twitter
- El nuevo trascendente – Frei Betto
- Dividendos, obxectivos do milenio e salarios de pobreza
- Crises energética, interesses privados, decrescimento – Carlos Taibo
- Problemas políticos mentres as persoas sen teito seguen sen albergue público




