Cidadáns agobiados pola insuficiencia do gasto social
Estas semanas varias situacións que se achegaron pola ODS puxéronlle rostro á miseria que está a provocar o raquitismo das políticas neoliberais en materia de protección social.
Dende hai tempo vimos denunciando os retrasos na tramitación e concesión das prestacións sociais básicas, os problemas polo elevado prezo da vivenda, o estancamento das medidas que ía traer a lei de dependencia, a falta de recursos para as persoas sen fogar... e así poderíamos seguir ata encher a páxina.
Pero nestas liñas queremos facer fincapé en que estes problemas máis alo das críticas que se fagan repercuten nas vidas das persoas, e que cada un de nós temos exemplos das desigualdades e inxustizas que padecemos por mor deste sistema.
Polo despacho da ODS-Coia pasaron nas últimas semanas persoas con situacións que retratan algúns dos problemas dos que vimos falando dende hai tempo:
Elena (os nomes son ficticios), acode á ODS tras vir da súa traballadora social que lle di que ten que agardar pola axuda no fogar varios meses, mentres ela seguirá a coidar do seu marido que depende dela para face as cousas máis básica da vida.
Ana, viu dende Rumania co seu marido e fillo hai máis de cinco anos, con moitas dificultades conseguiron superar os atrancos que marcaron os seus inicios en España. Tras conseguir traballo e acceder a unha vivenda en aluguer subvencionada, agora volven a aparecer os problemas sen traballo e obrigados a pagar un aluguer a prezo de mercado ao rematar o tempo de subvención da bolsa de aluguer.
Teresa, que enferma e con cincuenta anos non atopa traballo o que lle obriga a solicitar unha RISGA pola que terá que agardar no mellor dos casos oito meses para cobrala. Agora malvive grazas a axuda da súa nai, do paquete que lle dan unha vez ao mes no banco de alimentos e do que aparece na súa procura por unha vida digna.
Son tres historias, aínda que poderiamos contar moitas máis, provocadas por un sistema que engorda aos grandes capitais mentres os gobernos recortan dereitos sociais coa inesgotable excusa da crise.
DEREITOS SOCIAIS PARA TODAS XA!
Vigo, novembro 2010
ODS-Coia
Punto de información sobre dereitos sociais, que funciona dende setembro de 2007, coa vontade de: ofrecer información alternativa sobre axudas sociais, visibilizar/denunciar o empobrecemento e buscar respostas colectivas fronte a exclusión e a perda de dereitos.
Horario / Contacto
Atendemos os LUNS de 17.00 a 19.00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9 b -Coia-)
Tel. 986 21 34 53 - 696 618 732
Email: dereitossociais@gmail.com
Grupo de Axitación Social
O Grupo de Axitación Social é un colectivo de resistencia ao capitalismo, que centra a súa actividade no eido local, a reinvindicación de dereitos sociais, o reparto da riqueza, e rexeitamento do militarismo e do desarrollismo.
Falamos de...
Nosotras las personas
Radio Pimienta e Baladre achégannos neste programa de radio feito dende Canarias loitas e búsquedas polos dereitos sociais máis alá de territorios, de organizacións, de grupos...
Twitter ODS-Coia
- México: Ataques contra opositores al proyecto eólico de la empresa Unión (...) - http://t.co/cIXNGNOc8x
- @PAHVigoTui graciñas polo convite de hoxe, e moito ánimo pola vosa exemplar loita
- Precisamos xuntar máis escritos vinde xoves 30 ao acto polo dereito a vivir con dignidade na Praza da Constitución: http://t.co/q6PJkM2vtx
- La protección social en España pasa por el empleo: http://t.co/sByaz6kKX6 via @eldiarioes
- Galicia supera la media española de personas sin hogar - http://t.co/jIuhq67ESG
Grupo Axitación Social (G.A.S.)
- Xornadas Maio: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika!
- 1 xuño Manifestación en Vigo "Pobos Unidos contra a Troika"
- Xoves 16/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade no Alcampo de Coia
- Crónica do acto de rúa ás portas da UTS Coia para esixir unha Renda Básica
- Luns 6/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade diante das portas da UTS Coia
Renta Básica das iguais
- Exigimos en la puerta del Alcampo de Coia una Renta Básica
- Jueves 16/05 - Acto de calle por el derecho a vivir con dignidad en el Alcampo de Coia
- Campamento dignidad día 80, último día
- La Renta Básica de las Iguales. ¿Una opción en tiempos de crisis?
- Empeza a súa andaina en Lugo o Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica
Asociación Contra a Exclusión Social Alambique
Comunidade Cristiá do "Cristo da Victoria" - Coia
Asemblea Canaria polo Reparto da Riqueza
- 1º de MAYO – MANIFESTACIÓN desde la Plaza de Los Patos S/C Tenerife – 11h
- CAMPAÑA ¡SALVEMOS A ROSY CUBAS! “Por una Sanidad Pública digna, gratuita y de calidad”
- Exigimos explicaciones ante el supuesto fraude de ley entre el Ayuntamiento de La Orotava y el Concejal de CC Domingo Acosta
- Acampada en la oficina de empleo en Mérida por la Plataforma por la Renta Básica en Extremadura
- Lunes 28 en CSO Taucho: Taller de Herramientas para la Transformación Social: RBis y Puntos de Información Derechos Sociales







