ODS-Coia
A ODS-Coia leva funcionando dende o mes de setembro de 2007 co obxectivo de ofrecer información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e de sumar forzas na loita contra a desigualdade e a precariedade.
Horario / Contacto
Atendemos os LUNS de 17.00 a 19.00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9 b -Coia-)
T. 696 618 732 | dereitossociais@gmail.com
Falamos de...
Nosotras las personas
Radio Pimienta e Baladre achégannos neste programa de radio feito dende Canarias loitas e búsquedas polos dereitos sociais máis alá de territorios, de organizacións, de grupos...

No mundo dos servizos sociais deste tempo moitas organizacións e profesionais relaciónanse coa persoa aillándoa do seu entorno crendo que deste xeito consiguen cambios realmente transformadores e liberadores, pero este texto de Eduardo Galeano e as palabras de Casáldaliga ofrecennos outra visón máis completa do que é a realidade.
A prensa comeza a facerse eco dos retrasos e da mala organización dos servizos sociais públicos que están a quedar de manifesto ante o aumento de persoas que acoden a estes servizos para buscar solucións aos problemas provocados polo sistema agudizados aínda máis pola crise económica.

