RISGA

Prestacións

Neste apartado ofrecemos información das prestacións sociais públicas en Galicia, xa que ante os problemas de precariedade laboral, as insuficientes contías das pensións, o elevado prezo da vivenda... cómpre estar ben informados dos nosos dereitos. As prestacións máis destacadas son a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) e as Axudas de Emerxencia (AES).

Algunhas pinceladas do "Obradoiro da RISGA á RBis"

Hai xusto unha semana tivo lugar en Coia o obradoiro da RISGA á RBis, no que partindo da realidade da RISGA e da falta de axudas sociais queriamos afondar na procura de respostas colectivas a este sistema.

A nosa primeira sorpresa foi o elevado número de persoas que viñeron á xornada, algo máis de trinta persoas chegadas de distintos puntos de Galiza e de ámbitos diversos como: profesional do social -a maioría-, xente de movementos de base, veciños e veciñas de Coia...

"Da RISGA á Renda Básica das Iguais". Obradoiro de ferramentas para a transformacion social

Con esta xornada abordaremos a necesidade de poñer en marcha espazos e dinámicas transformadoras, que partan da esixencia dos nosos dereitos a través da denuncia e da loita. E non dende a miseria de parchear situacións de exclusión que só logran tapar a realidade de desigualdade e inxustiza que provoca o sistema capitalista.

Na mañá do teremos dous momentos de reflexión en común:

1º Análise da desprotección social, partindo da RISGA. Dinamizado por María Martínez, traballadora social e por Ana Belén Méndez, profesora do Grao de Traballo Social no Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Acto de rúa 19/12: "Vítimas do sistema, vítimas das administracións, vítimas da inxustiza"

Seguindo o camiño iniciado coa cadea humana celebrada en Coia, volvemos a saír á rúa. Da man da parroquia do Cristo da Victoria - Coia e da xente do G.A.S. convocamos un acto de rúa diante do concello de Vigo baixo o lema "VÍTIMAS DO SISTEMA,VÍTIMAS DAS ADMINISTRACIÓNS, VÍTIMAS DA INXUSTIZA. Polo dereito a unha vida digna, polo dereito á nosa humanidade".

No acto representaremos un cemiterio coas vítimas que os diferentes poderes van deixando. O acto será o mércores 19 de decembro a partires das 12h00 na praza do Rei (diante do concello de Vigo). No acto daremos lectura a este texto:

Reunímonos hoxe aquí, ante o Concello de Vigo, a casa de toda a veciñanza da nosa cidade, para lembrar ás vítimas desta crise e denunciar que non se está a apoiar, a acoller, a coidar, a aquelas persoas que peor o están a pasar nestes duros tempos que estamos a vivir.

“Polo Dereito a Vivir con Dignidade” saimos o domingo á rúa

Achegamos o texto da convocatoria de cadea humana para este domingo en Coia (diante da parroquia do Cristo da Victoria) a partires das 13h00:

“POLO DEREITO A VIVIR CON DIGNIDADE”. ESIXIMOS O INCREMENTO DO GASTO SOCIAL NOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2013

Hai tempo que á Oficina de Dereitos Sociais de Coia e á Parroquia Cristo da Victoria se veñen achegando cada vez máis familias que, no contexto diso que deron en chamar crise económica, experimentaron un progresivo empeoramento das súas condicións de vida ata o punto de que non son quen de satisfacer as súas necesidades máis elementais. Familias que, desesperadas porque non atopan unha resposta xusta das administracións (que son as que teñen a obriga de velar por que sexan respectados os seus dereitos básicos), acoden a outros espazos, coma o noso, na procura de solucións ao empobrecemento crecente que padecen.

2/12 Cadea humana en Coia: Polo dereito a vivir con dignidade!

Hai tempo que dende a ODS-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria vemos como cada día se achegan máis familias que, no contexto diso que deron en chamar crise económica, están a experimentar un progresivo empeoramento das súas condicións de vida ata o punto de que non son quen de satisfacer as súas necesidades máis elementais.

Non pagas as medicinas se percibes a RISGA

Compartimos a información que nos pasou unha compañeira que traballa no SERGAS. Avísanos que as persoas que reciben a RISGA están exentas no pago das medicinas, malia que nas bases de datos da consellería figura que teñen que pagar xa que non meteron os datos.

Para facer a solicitude hai que seguir os seguintes pasos:

- Acudir ao centro de saúde co último certificado no que diga que percibes a RISGA.

- Encher o impreso de solicitude e entregalo no centro de saúde.

Unha vez que feito isto estarás exento no pago das medicinas.

Traballo social para quen?

Hai uns días fixéronnos saber que o artigo: “Consellos prácticos á hora de entrevistarte coa traballadora social”, publicado na nosa web no mes de marzo, provocou numerosas reaccións negativas dentro do grupo de traballadoras sociais de atención primaria do Concello de Vigo. Nese texto exponse a estratexia a seguir á hora de abordar unha entrevista coa traballadora social -segundo as propostas de Berri-Otxoak- que a ODS-Coia tamén subscribía e asumía.

Para a ODS-Coia este asunto serviu para volver a pensar que postura tomamos fronte a un “modelo de producir y de vivir que nos ahoga”. Por iso refrendamos as palabras das xentes de Alambique: “no nos sirven ni las excusas ni las ayudas de miseria. En Asturies (tamén en Galiza) hay riqueza suficiente para todas. Es una cuestión de redistribución y justicia social.”

Distribuir contido