renda básica

Esiximos nas portas do Alcampo unha Renda Básica

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS (Grupo de Axitación Social) organizamos hoxe 16 de maio un acto de rúa ás portas do Hipermercado Alcampo en Coia co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna. Trátase do segundo acto destas características que facemos, o primeiro diante dos servizos sociais en Coia, e avisamos que temos forzas para continuar con eles.

O acto se desenvolveu entre as 10:00 e as 13:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir con dignidade é un dereito”, coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas persoas no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

Xoves 16/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade no Alcampo de Coia

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS (Grupo de Axitación Social) queremos convidarvos ao acto de rúa que organizamos o vindeiro xoves 16 de maio ás portas do Hipermercado Alcampo en Coia, co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

Non podemos calar ante unha realidade terrible que cada vez é máis común: mentres moitas familias nos vemos na obriga de afrontar o día a día cuns mínimos ingresos ou mesmo sen eles, resultando imposible facer fronte ao pago de bens tan básicos como os alimentos, o aluguer, os recibos de auga e luz..., continuamos a recibir en demasiadas ocasións unha resposta negativa cando nos achegamos aos servizos sociais en busca dunha solución, cando menos parcial, aos nosos graves problemas. “Non hai cartos”, escoitamos con frecuencia. Pero mentres, hai cartos a esgalla para proxectos que nada teñen que ver cos dereitos fundamentais da cidadanía; e mentres, por exemplo, continúa sen ser executado o plan de axudas sociais para familias con escasos ou nulos recursos, aprobado o pasado xaneiro por un importe de 3,2 millóns...

Charla: A Renda Básica das Iguais. Unha opción en tempos de crise?

O vindeiro 24 de maio śa 17h30 no local do Ceesg (Lisboa 20, compostela) terá lugar a charla "A Renda básica: unha opción en tempos de crise? a cargo de Baladre.

Baladre é unha coordinación de loita contra o Paro, o Empobrecemento e a Exclusión Social, que fixo un estudo de viabilidad da Renda Básica en Galiza, recollendo os resultados no libro “Repartindo a nosa riqueza”.

Como froito das diferentes charlas organizadas para dar a coñecer a RBIs, estase a xestar unha Plataforma reclamando a súa implantación. Pensando en que o Ceesg poida integrarse en dita plataforma, e para dar a coñecer a RBIs entre as educadoras e educadores sociais, organízase esta charla, coa que se pretende ademáis xerar debate sobre a utilidade da RBis como ferramenta para dar resposta á precarización que afoga cada vez a máis persoas.

3º Encontro Estatal polas Rendas Básicas e moito máis

Valladolid acollerá o sábado 11 de maio o "3º Encontro estatal polas Rendas Básicas e moitos máis". A continación deixamos a presentación:

Los últimos meses han puesto de manifiesto hasta qué extremo era cierto el lema “No es crisis, es estafa”. El gobierno de los banqueros y de la troika va organizando minuciosamente el saqueo, sembrando la incertidumbre y el miedo entre las de abajo. El desempleo forzoso para 6 millones de personas, el desahucio masivo de las viviendas, la mengua brutal de los salarios, el despido de saldo, la liquidación de los convenios, la subida de los impuestos indirectos, la criminalización de los empleados públicos y de la protesta, el desmantelamiento y privatización de la educación y la sanidad, la denegación de futuro para las generaciones más jóvenes, la supresión de derechos a los inmigrantes, se incrementa la feminización de la pobreza, se desatiende los cuidados realizados mayoritariamente por mujeres y se invisibilizan estos aún más…

Comeza a súa andaina en Lugo o Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica

Compañeiras de Lugo comezan co Grupo de dereitos sociais e renda básica, tivemos a sorte de coñecer a algúns das persoas que o integran en Coia. Dende a ODS-Coia queremos amosarlles todo o noso apoio e ánimos.

Debido á actual crise/estafa, a maior parte da riqueza producida na nosa sociedade vai a parar a unha minoria de ricos cada vez máis ricos, o que leva a unha maior desigualdade social, desemprego, traballo precario, e maiores dificultades para moitas familias que non ven cubertas as súas necesidades máis básicas (alimentación, vivenda, saúde,...). A información e a atención (humana e económica) que veñen dando as institucións (SEPE/INEM, Xunta de Galicia, Servizos Sociais...) ante a necesidade de solicitar prestacións sociais como a renda activa de inserción (RAI), a renda de inclusión social de galicia (RISGA) ou as axudas de emerxencia social (AES), é escasa, confusa e moi burocrática.

Asina a folla de denuncia social para esixir a Concello e Xunta que temos dereito a vivir con dignidade

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria lanzamos a campaña: Vivir dignamente é un dereito! Asina a folla de denuncia social para esixir ao Concello e á Xunta que cumpran coa súa obriga de garantir este dereito.

Esta iniciativa que ten coma obxectivo denunciar o crecente empobrecemento que están a padecer un gran número de persoas no noso barrio e en toda a cidade, así como esixir ás administracións públicas que cumpran coa súa obriga de garantir que todas vivamos con dignidade sen que sexan vulnerados os nosos dereitos fundamentais.

O instrumento ideado para levar a cabo esta denuncia é a presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante as administracións públicas con competencia en materia de servizos sociais (Xunta e Concello); escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

Algunhas pinceladas do "Obradoiro da RISGA á RBis"

Hai xusto unha semana tivo lugar en Coia o obradoiro da RISGA á RBis, no que partindo da realidade da RISGA e da falta de axudas sociais queriamos afondar na procura de respostas colectivas a este sistema.

A nosa primeira sorpresa foi o elevado número de persoas que viñeron á xornada, algo máis de trinta persoas chegadas de distintos puntos de Galiza e de ámbitos diversos como: profesional do social -a maioría-, xente de movementos de base, veciños e veciñas de Coia...

Presentación de "Asturies pola Renta Básica"

Moito ánimo para as compas de Asturias que lanzaron unha web sobre a RB. Así nolo contan:

La iniciativa Asturies por la renta básica es una propuesta de la Asamblea por las Rentas básicas de Asturies, que busca dar a conocer y generar debate social sobre la Renta Básica, como un virus contra el sistema capitalista, en Asturies.

En este espacio: asturiespolarentabasica.wordpress.com podrás encontrar notícias, artículos, reflexiones sobre las Rentas Básicas y sus características principales, así como los debates sobre lo que aporta como herramienta, en la realidad actual (cuestionamiento del modelo de empleo, reparto de la riqueza, sobre la exclusión social).

Distribuir contido