radio

Audio do programa de radio no parque de A Bouza

O 22/06/12 o parque de A Bouza acolleu un programa de radio ao aire libre co título: "Somos a raí­z da solución": Xuntas a calqueira parte, soas a ningunha. A Bouza, o exemplo a seguir".

O programa estaba dentro da programación da Festa de A Bouza 2012 e as que alí asistimos disfrutamos moito coa participación de:

- Luis Calvo, facendo historia da loita da veciñanza de Coia, coa conquista da Bouza como espazo verde.

- Un membro da asemblea pola defensa do barrio do Cura contando a loita en contra da especulación nese barrio histórico da cidade.

Collendo forzas na Bouza

Hai unha semana estabamos a unhas horas de comezar as actividades na Bouza, cunha idea: facer da Bouza e doutras loitas exemplos vivos que nos animen a parir outro mundo.

Tan só dende a ODS-Coia dar as gracias a toda xente que pasou polas actividades da Bouza e dicir que se queredesfacervos unha idea do que alí vivimos na pasada fin de semana podedes ler unha crónica neste enlace: www.comunidadebasecoia.org/2012/06/cronica-da-festa-de-a-bouza-2012 e ver estas fotos aquí: www.flickr.com/photos/axluar/sets/72157630283387572

Presentación da campaña: Silencio! RECÓRTASE na Piratona

O pasado 15 de decembro estivemos nos estudos da radio Piratona para presentar a campaña Silencio! RECÓRTASE feita con xente de GAS e para explicar o traballo que estamos a desenvolver dende a ODS-Coia.

A entrevista a poidedes escoitar neste enlace: sindominio.net/piratona/drupal/?q=content/especial-campanha-silencio-recortase-e-ods-coia

Entrevista a Manolo de Baladre na Piratona

Coincidindo coa presenza de Manolo de Baladre en Vigo, co gallo de seguir avanzando no estudo de viabilidade da RBiS en Galiza, fixo unha parada na Radio Piratona para falar de Baladre, da Renda Básica das Iguais e de moitas máis cousas.

Podedes escoitar a entrevista neste enlace: www.sindominio.net/piratona/audios.html pinchando no "reprodutor de especiais" en "renda básica".

Distribuir contido