libro

Este venres comeza a 1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais

Mañá, venres 25 de xaneiro, comeza o movemento polo dereito a vivir dignamente, o movemento pola RBis. O traballo que diferentes colectivos sociais de Galiza da os seus froitos coa andaina desta 1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais.

Entre o 25 ao 31 de xaneiro, en case unha decena de cidades e vilas galegas, realizaranse presentacións do libro “Repartindo a nosa riqueza”, publicación que saíu á luz o pasado mes de decembro e que expón os resultados do estudo da viabilidade da implantación da Renda Básica das Iguais en Galiza (RBis).

Recordamos que a Renda Básica das Iguais consiste no dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permita cubrir as súas necesidades e que ha de percibirse de xeito individual; universal e incondicional e cuxa contía económica sexa, polo mínimo, igual ao limiar de pobreza. As vías para acadar os ingresos necesarios para implantación deste dereito consisten na re-asignación do gasto público e na reforma do sistema fiscal.

Alambique presenta o libro "Despacito y por la orilla"

As compañeiras de Alambique xuntaron anos de traballo e loita e os meteron nun libriño que titularon: "DESPACITO Y POR LA ORILLA. Reflexiones sobre movilización social y lucha contra la exclusión desde Asturies" que edita Zambra, Baladre e Libreando ediciones.

O texto "recoge algunas reflexiones sobre la situación actual de Asturias, varios documentos del colectivo en los que reflexiona sobre la movilización social y sobre el trabajo realizado en su última campaña y una propuesta para transformar la sociedad."

Farán a presentación do mesmo nun acto o vindeiro xoves 31 de maio ás 19h00 no local de Alambique (c/Naranjo de Bulnes 7 - baixo).

Distribuir contido