G.A.S

Un cemiterio de vítimas do sistema esixe o reparto da riqueza diante do concello

Convocadas pola parroquia do Cristo da Victoria de Coia, a ODS-Coia (Oficina de Dereitos Sociais -Coia) e as xentes do G.A.S. (Grupo de Axitación Social) máis dun cento de persoas concentrámonos diante do Concello de Vigo para pedir respostas polas “vítimas do sistema, as vítimas das administracións, as vítimas da inxustiza”.

Na entrada da casa de todas as viguesas apareceu un cemiterio cheo das vítimas que sofren ante a falta de recursos, ante o medo aos cortes de luz ou auga por non poderes asumir o pagamento dos recibos, ante os atrasos das axudas sociais, ante os desafiuzamentos...

Deste xeito, a praza do Rei encheuse de siluetas que nos lembraban estas mortes. Pero tamén lembraban que os poderes, hoxe apuntabamos ao concello, esquécense destas vítimas negándolle a unha maioría crecente os dereitos sociais necesarios para vivir con dignidade.

Acto de rúa 19/12: "Vítimas do sistema, vítimas das administracións, vítimas da inxustiza"

Seguindo o camiño iniciado coa cadea humana celebrada en Coia, volvemos a saír á rúa. Da man da parroquia do Cristo da Victoria - Coia e da xente do G.A.S. convocamos un acto de rúa diante do concello de Vigo baixo o lema "VÍTIMAS DO SISTEMA,VÍTIMAS DAS ADMINISTRACIÓNS, VÍTIMAS DA INXUSTIZA. Polo dereito a unha vida digna, polo dereito á nosa humanidade".

No acto representaremos un cemiterio coas vítimas que os diferentes poderes van deixando. O acto será o mércores 19 de decembro a partires das 12h00 na praza do Rei (diante do concello de Vigo). No acto daremos lectura a este texto:

Reunímonos hoxe aquí, ante o Concello de Vigo, a casa de toda a veciñanza da nosa cidade, para lembrar ás vítimas desta crise e denunciar que non se está a apoiar, a acoller, a coidar, a aquelas persoas que peor o están a pasar nestes duros tempos que estamos a vivir.

Campaña: Cansas de ser invisibles ímonos mostrar!

As xentes de GAS e da ODS-Coia levamos tempo fartas e cansas de ser invisibles por iso ímonos mostrar!:

Son tempos de expansión do capital que necesita máis espazo para facer medrar as súas ganancias, e nese movemento estase a levar por diante dereitos, espazos públicos, empregos, natureza, vidas...

En Coia, coma noutros tantos barrios e lugares, estamos a vivir os problemas da perda/retroceso de dereitos sociais os cales traen multitude de atrancos e miserias cotiáns: a imposibilidade de chegar a fin de mes, de pagar os recibos da luz, de pagar a vivenda, de atopar traballo, de acceder a coidados básicos, de descansar... en definitiva de vivir cun mínimo de DIGNIDADE.

Campaña: “Sen dereitos, sen traballo, sen cartos... pero con DIGNIDADE”

Seguen os problemas económicos para a maioría e mecanismos coma a RISGA en Galiza non están a funcionar deixando a persoas e familias na miseria por iso lanzamos esta campaña que leva por título "Sen dereitos, sen traballo, sen cartos... pero con DIGNIDADE":

Chegou o medo e con el unha marea de recortes que están a facer as nosas vidas, se cabe, moito máis difíciles. Unhas vidas que non chegaron a coñecer o estado do benestar e para as que paro, pobreza, precariedade, exclusión... levan sendo compañeiras dende sempre. Malia o costume, estes momentos están marcados pola rapidez na perda de dereitos, unha velocidade que responde ás présas do capital por eliminar toda carga para os seus movementos.

Fractura nº1 sobre o Transporte Urbano en Vigo

As compas de G.A.S. sacan á rúa Fractura nº1 sobre o transporte urbano en Vigo.

O ano 2012 comezou no concello de Vigo cunha suba do 4.27% no prezo do Vitrasa (ademais do 3,8% en taxas e impostos), que nos sitúa como un dos municipios co transporte urbano máis caro.

As/os usuarias/os de Vitrasa temos que pagar 1,22 euros cada vez que empregamos o servizo; 0,84 coa tarxeta verde. Pero a viaxe sáenos en realidade aínda máis cara, posto que o prezo real é de 1,25 euros.

A diferenza entre este valor e o prezo bonificado, dámoslla a Vitrasa a través do Concello de Vigo. Máis de nove millóns de euros ao ano. Xusto a cantidade na que parece ser que se reducirán as partidas sociais no orzamento de 20122.

SE VENDE(N)

A ODS-Coia e o G.A.S. sacamos unha tirada de cartaces que levan por título "SE VENDE(N)" e co seguint texto:

- Alcalde de Vigo que cobra ao 65.000€/ano máis extras.

- Presidente da Xunta que cobra 72.000€ anuais e declarou ter un patrimonio de medio millón de euros.

(Falamos do que recoñecen claro, do que se levan en negro nunca saberemos nada...)

A OFERTA está dirixida para beneficio: das especuladoras urbanísticas, das empresas turísticas, das grandes multinacionais, de calquera empresa que se beneficie das privatizacións dos servizos públicos, das construtoras (“amigas”dos AVEs, das Humanizacións, dos Auditorios, das Cidades de Xustiza e dos pelotazos en xeral) e especialmente para a Banca sempre e en todo momento!

"Fractura Nº0", unha proposta para reflexionar da xente de G.A.S.

As compañeiras de G.A.S. inician o curso 2011/12 estreando unha nova publicación que leva por título Fractura. Así contan as súas intencións con esta nova proposta:

A “crise” actual (ao igual que aconteceu nas pasadas) é a gran escusa para afondar nas condicións de explotación nas que vivimos.

Rematamos o curso 2010/2011 coa imposición duns recortes en dereitos sociais e laborais que nos fixo retroceder lustros nas nosas condicións de vida.

Pero a maquinaria de “axuste” está moi lonxe de deterse. Polo tanto, consideramos imprescindible facer balance da situación na que nos atopamos, analizar o futuro que se nos pretende construír e tomar posición ao respecto.

Na defensa dos nosos dereitos, na defensa das nosas vidas

A ODS-Coia xunto a xente do GAS (Grupo de Axitación Social) lanzamos unha campaña que leva por título: "Na defensa dos nosos dereitos, na defensa das nosas vidas":

Malia que os gobernos quérennos convencer repetindo deseguido que a situación económica non se está a traducir en recortes nos servizos públicos nin na coberturas sociais, a realidade que vivimos a maioría de nós deixa exemplos diarios desta perda de dereitos básicos a favor dunha minoría enriquecida que continúa sumando beneficios e mantendo os seus privilexios. Dentro da lóxica dos mercados, semella que poñer en perigo esta xenerosa marxe de beneficios sería moito máis desastroso que calquera tipo de recorte social.

Distribuir contido