espazo aberto antimilitar

Campaña 2013 pola Obxección Fiscal aos Gastos Militarizados

Chega o tempo de facer as declaracións da renda e tamén de facer Obxección Fiscal aos Gastos Militares. A xente do Espazo Aberto Antimilitar lanza esta campaña de desobediencia. Achegamos o texto de presentación da mesma e lembrade que se precisades información de como facer a OF podedes visitar a súa web: www.nonaogastomilitar.org

Dende o Espazo Aberto Antimilitar seguimos, outro ano máis, animando a facer obxección fiscal en contra dos gastos militarizados. Deixamos o texto de presentación da campaña 2013:

O presuposto do Ministerio de Defensa para o ano 2013 é de 5.937 millóns de euros o que, sendo unha barbaridade, supón un descenso do 6,01 % con respecto ao ano anterior. De feito, o presuposto deste Ministerio leva baixando dende o ano 2000, redución que provoca certa inquietude e indignación entre os mandos e responsables militares.

Campaña Obxección Fiscal 2012 :: “Industria militar, un negocio sen crise”

As compañeiras do Espazo Aberto Antimilitar lanzan un ano máis a campaña de desobediencia á guerra na que piden que fagamos obxección fiscal aos gastos militares. Tamén facemos mención a campaña estatal "¿reCORTAR? sí, lo militar".

Deixamos o texto da campaña OFGM do Espazo Aberto Antimilitar, que este ano se centra na denuncia da industria militar:

No ano 2011, o gasto militar do Estado español ascendeu a 47 millóns de euros… cada día. Case dous millóns de euros á hora, nun país no que a única música que se escoita é a do recorte: recortes en educación, en sanidade, en dereitos, en medios de subsistencia; en vida. Ademais, o Goberno recoñece unha débeda por gastos militares de, polo menos, trinta e seis mil millóns de euros. Xa nos podemos facer unha idea de como se vai pagar.

Campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares

Un ano máis as compañeiras do Espazo Aberto Antimilitar lanzan a campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares que este ano leva por título: “Eles non o farán, fagámolo nós: Recortemos o Gasto Militar”.

Na web do Espazo podemos ler que a Obxección Fiscal (OF) é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado os cartos que este dedica á guerra e á sua preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares.

Distribuir contido