dereitos

A Renda Básica das Iguais

Dende a ODS-Coia asumimos a defensa e a mellora da proposta da Renda Básica das Iguais (RBis), tarefa na que non faltan os apoios de moitos grupos e colectivos.

Definimos a RBis como o dereito que ten cada cidadán e cada cidadá, polo feito de nacer, a percibir unha cantidade periódica para cubrir as súas necesidades materiais.

Que é a ODS - COIA?

A ODS-Coia ofrece información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e acompañamento na denuncia da pobreza e da precariedade. Ademais disto contamos tamén cunha avogada que nos bota unha man en cuestións legais.

O fin é avanzar - ou non retrodecer - no recoñecemento dos dereitos sociais e facer visible a pobreza e a exclusión na que viven moitas persoas do noso arredor.

Luns 6/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade diante das portas da UTS Coia

A ODS-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria, xunto á xente do G.A.S., convocamos para  vindeiro luns 6 de maio un acto de rúa ás portas dos servizos sociais do Concello en Coia (rúa Quintela, 31, á altura da Avenida Castelao, 25) co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

Non podemos calar ante unha realidade terrible que cada vez é máis común: mentres moitas familias nos vemos na obriga de afrontar o día a día cuns mínimos ingresos ou mesmo sen eles, resultando imposible facer fronte ao pago de bens tan básicos como os alimentos, o aluguer, os recibos de auga e luz...

Asina a folla de denuncia social para esixir a Concello e Xunta que temos dereito a vivir con dignidade

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria lanzamos a campaña: Vivir dignamente é un dereito! Asina a folla de denuncia social para esixir ao Concello e á Xunta que cumpran coa súa obriga de garantir este dereito.

Esta iniciativa que ten coma obxectivo denunciar o crecente empobrecemento que están a padecer un gran número de persoas no noso barrio e en toda a cidade, así como esixir ás administracións públicas que cumpran coa súa obriga de garantir que todas vivamos con dignidade sen que sexan vulnerados os nosos dereitos fundamentais.

O instrumento ideado para levar a cabo esta denuncia é a presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante as administracións públicas con competencia en materia de servizos sociais (Xunta e Concello); escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

GAS “PENOSA” di: se non tes cartos “APAGA E VÁMONOS”

Achegamos o texto da campaña de denuncia ante os abusos das compañías de enerxía, neste caso facendo fincapé nos sufridos por parte de GAS NATURAL FENOSA:

GAS “PENOSA” di: se non tes castos “APAGA E VÁMONOS”

Estánnolo a pór moi negro. O poder cada día precisa máis espazo para os seus negocios e nese avance leva por diante conquistas sociais acadadas tras moitos anos de loita: emprego estable, protección social, sanidade, educación...

Charla: "Aprendendo a defender os nosos dereitos fronte ás grandes empresas da enerxía"

Precisamos da luz para vivir, o que choca cos atrancos que compañías coma FENOSA nos poñen: subida de prezos, facturación abusiva, cortes, non negocian as débedas, desinformación...

Por todo isto a ODS-Coia e Parroquia do Cristo da Victoria decidimos orfanizar unha charla baixo o título: "Aprendendo a defender os nosos dereitos fronte ás grandes empresas da enerxía". Nela contaremos coa presenza de Rafael de Montis, experto en enerxía, que nos axudará a coñecer un pouco máis este mundo.

Se queres saber que che cobran na factura da luz, como solicitar o bono social, como defenderte dos seus abusos, alternativas máis xustas e económicas no subministración NON DUBIDES EN VIR!

Grupo de persoas esixe en servizos sociais claridade nas axudas económicas de emerxencia

Hoxe 22 de xaneiro, un grupo de veciños e veciñas da cidade presentámonos no despacho da xefa das traballadoras sociais do concello de Vigo ante a falta de resposta á petición das bases das axudas económicas de emerxencia. Peticións que fixeron persoas diferentes e en varias ocasións, as últimas nos meses de outubro e novembro do pasado ano.

Pese a non levar cita fomos atendidos e saímos coas citadas bases, que achegamos como arquivo .pdf nesta entrada. A técnica manifestou que non sabía nada desas peticións, que as bases para 2013 aprobáronse en xunta de goberno hai uns días e que eran públicas. A rapidez e sinxeleza da entrega de hoxe, choca co silencio ás peticións feitas por escrito.

Acto de rúa 19/12: "Vítimas do sistema, vítimas das administracións, vítimas da inxustiza"

Seguindo o camiño iniciado coa cadea humana celebrada en Coia, volvemos a saír á rúa. Da man da parroquia do Cristo da Victoria - Coia e da xente do G.A.S. convocamos un acto de rúa diante do concello de Vigo baixo o lema "VÍTIMAS DO SISTEMA,VÍTIMAS DAS ADMINISTRACIÓNS, VÍTIMAS DA INXUSTIZA. Polo dereito a unha vida digna, polo dereito á nosa humanidade".

No acto representaremos un cemiterio coas vítimas que os diferentes poderes van deixando. O acto será o mércores 19 de decembro a partires das 12h00 na praza do Rei (diante do concello de Vigo). No acto daremos lectura a este texto:

Reunímonos hoxe aquí, ante o Concello de Vigo, a casa de toda a veciñanza da nosa cidade, para lembrar ás vítimas desta crise e denunciar que non se está a apoiar, a acoller, a coidar, a aquelas persoas que peor o están a pasar nestes duros tempos que estamos a vivir.

Distribuir contido