campaña

Esiximos nas portas do Alcampo unha Renda Básica

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS (Grupo de Axitación Social) organizamos hoxe 16 de maio un acto de rúa ás portas do Hipermercado Alcampo en Coia co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna. Trátase do segundo acto destas características que facemos, o primeiro diante dos servizos sociais en Coia, e avisamos que temos forzas para continuar con eles.

O acto se desenvolveu entre as 10:00 e as 13:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir con dignidade é un dereito”, coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas persoas no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

Xoves 16/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade no Alcampo de Coia

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS (Grupo de Axitación Social) queremos convidarvos ao acto de rúa que organizamos o vindeiro xoves 16 de maio ás portas do Hipermercado Alcampo en Coia, co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

Non podemos calar ante unha realidade terrible que cada vez é máis común: mentres moitas familias nos vemos na obriga de afrontar o día a día cuns mínimos ingresos ou mesmo sen eles, resultando imposible facer fronte ao pago de bens tan básicos como os alimentos, o aluguer, os recibos de auga e luz..., continuamos a recibir en demasiadas ocasións unha resposta negativa cando nos achegamos aos servizos sociais en busca dunha solución, cando menos parcial, aos nosos graves problemas. “Non hai cartos”, escoitamos con frecuencia. Pero mentres, hai cartos a esgalla para proxectos que nada teñen que ver cos dereitos fundamentais da cidadanía; e mentres, por exemplo, continúa sen ser executado o plan de axudas sociais para familias con escasos ou nulos recursos, aprobado o pasado xaneiro por un importe de 3,2 millóns...

Campaña: "Di Non ás Identificacións"

Estamos cansas da represión de "baixa intensidade" que dende sempre sofren a rapazada do barrio, a xente que aparca coches no Alcampo, a xente migrante, ás que saen á rúa para defender os nosos dereitos... Por iso achegamos hoxe esta campaña de desobediencia que leva por nome: "Di Non ás Identificacións".

Podedes ver na súa web toda a información: stopidentificaciones.org e no seu manifesto algunhas das razóns desta campaña:

Luns 6/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade diante das portas da UTS Coia

A ODS-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria, xunto á xente do G.A.S., convocamos para  vindeiro luns 6 de maio un acto de rúa ás portas dos servizos sociais do Concello en Coia (rúa Quintela, 31, á altura da Avenida Castelao, 25) co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

Non podemos calar ante unha realidade terrible que cada vez é máis común: mentres moitas familias nos vemos na obriga de afrontar o día a día cuns mínimos ingresos ou mesmo sen eles, resultando imposible facer fronte ao pago de bens tan básicos como os alimentos, o aluguer, os recibos de auga e luz...

Asina a folla de denuncia social para esixir a Concello e Xunta que temos dereito a vivir con dignidade

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria lanzamos a campaña: Vivir dignamente é un dereito! Asina a folla de denuncia social para esixir ao Concello e á Xunta que cumpran coa súa obriga de garantir este dereito.

Esta iniciativa que ten coma obxectivo denunciar o crecente empobrecemento que están a padecer un gran número de persoas no noso barrio e en toda a cidade, así como esixir ás administracións públicas que cumpran coa súa obriga de garantir que todas vivamos con dignidade sen que sexan vulnerados os nosos dereitos fundamentais.

O instrumento ideado para levar a cabo esta denuncia é a presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante as administracións públicas con competencia en materia de servizos sociais (Xunta e Concello); escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

GAS “PENOSA” di: se non tes cartos “APAGA E VÁMONOS”

Achegamos o texto da campaña de denuncia ante os abusos das compañías de enerxía, neste caso facendo fincapé nos sufridos por parte de GAS NATURAL FENOSA:

GAS “PENOSA” di: se non tes castos “APAGA E VÁMONOS”

Estánnolo a pór moi negro. O poder cada día precisa máis espazo para os seus negocios e nese avance leva por diante conquistas sociais acadadas tras moitos anos de loita: emprego estable, protección social, sanidade, educación...

Texto da campaña: “Na Defensa das Persoas, contra a Unión Europea do Capital”

Deixamos o texto da campaña “Na defensa das persoas, contra a Unión Europea do Capital”:

“Na Defensa das Persoas, contra a Unión Europea do Capital”

O 15 de marzo remata en Bruxelas a primeira fase do Semestre Europeo 2013.Nestes encontros avalíase a aplicación das medidas acordadas e o axuste dos estados aos programas de Estabilidade e Converxencia impostos; e o máis importante, coordínanse as políticas económicas, orzamentarias e de emprego dos estados membros para os seguintes seis meses.

Quen nos dera ser automóbiles

Como xa ven sendo habitual a xente de GAS e a ODS-Coia xuntámonos para lanzar un texto titulado "Quen nos dera ser automóbiles":

"Quen nos dera ser automóbiles"

Estamos cansas do medo; do medo que nos quere inocular o poder a través dos gobernos, dos medios de comunicación, da policía...; xa que como di unha pintada diante da entrada á Unidade de Traballo Social (UTS) de Coia: “Tus miedos, su dinero”.

Distribuir contido