barrio do Cura

Audio do programa de radio no parque de A Bouza

O 22/06/12 o parque de A Bouza acolleu un programa de radio ao aire libre co título: "Somos a raí­z da solución": Xuntas a calqueira parte, soas a ningunha. A Bouza, o exemplo a seguir".

O programa estaba dentro da programación da Festa de A Bouza 2012 e as que alí asistimos disfrutamos moito coa participación de:

- Luis Calvo, facendo historia da loita da veciñanza de Coia, coa conquista da Bouza como espazo verde.

- Un membro da asemblea pola defensa do barrio do Cura contando a loita en contra da especulación nese barrio histórico da cidade.

Radio e roteiro no parque de A Bouza para berrar que "Somos a raíz da solución"

A ODS-Coia e outras xentes convidamosvos a participar nas actividades programadas dentro da Festa de A Bouza 2012:

Venres 22 xuño

- Programa de radio no parque de A Bouza: "Somos a raíz da solución": Xuntas a calqueira parte, soas a ningunha. A Bouza, o exemplo a seguir"

"Partindo da experiencia de loita veciñal de Coia, coa conquista de A Bouza como espazo verde libre de especulación, falaremos con diferentes persoas e colectivos: ODS-Coia, asemblea pola defensa do barrio do Cura, Fiare GZ, consumo responsable... Haberá tamén rap, tertulia sobre novas e vellas respostas aos problemas do sistema e moito máis. E todo coa colaboración da xente do programa Enredate que a Rede Social Galiza Sur ten en radio Ecca".

Dará comezo ás 20h00 e remataremos ao redor das 22h00 cunha cea comunitaria no propio parque.

Defendamos a nosa dignidade! Non á destrucción do barrio do Cura!

A Asemblea okupa do Barrio do Cura mandounos ao mail dous textos cos que queren difundir a súa loita en contra da especulación urbanística no barrio do Cura:

DEFENDAMOS A NOSA DIGNIDADE!!! NON Á DESTRUCCIÓN DO BARRIO DO CURA!!!

Nos últimos días estamos vivindo o acoso das forzas policiais aos habitantes do asilo do Barrio do Cura para que marchen sen armar escándalo e facilitar que os bancos e os especuladores fagan o seu negocio. Unha vez máis, o público ao servizo do privado.

Distribuir contido