AES

Prestacións

Neste apartado queremosvos informar das prestacións sociais públicas en Galicia, xa que ante os problemas de precariedade laboral, as insuficientes contías das pensións, o elevado prezo da vivenda... cómpre estar ben informados dos nosos dereitos. As prestacións máis destacadas son a Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) e as Axudas de Emerxencia (AES).

Prestacións sociais básicas (RISGA e AES) paralizadas pola Xunta

Noutras ocasións temos denunciado os retrasos á hora de tramitar e resolver as axudas sociais da Xunta de Galicia: RISGA e AES. A cousa parece que non cambia, senón que vai a peor, segundo infórmannos traballadoras da unidade de RISGA de Vigo.

As AES (Axudas de Emerxencia Social que veñen a cubrir problemas de vivenda, de saúde básica...) neste momento están paralizas por falla de cartos, polo que moitas persoas e familias teñen que engadir aos tempos de espera na tramitación e resolución -en Vigo máis de seis meses de media- este novo retraso ao non ter a Xunta cartos para estas axudas.

Os servizos sociais no Concello de Vigo

A atención no terreo dos servizos sociais está transferida ás comunidades autónomas sendo elas as encargadas de lexislar e poñer en marcha os servizos pertinentes. No caso de querer solicitar algunha das prestacións sociais teremos que dirixirnos aos servizos sociais do noso concello, sendo a traballadora social que nos corresponda -en función do noso domicilio- a encargada de tramitar as prestacións.

A Xunta endurece os requisitos das prestacións sociais ante o aumento de solicitudes pola crise

Hai unhas semanas podiamos ler na prensa o seguinte:

“A Risga a solicitaron 2.668 familias en 2008 –un 21% máis que en 2007–, mentres que a prestación de emerxencia a demandaron 3.301 –un 10% máis que o pasado ano–.

Presentáronse case 6.000 solicitudes de axuda, a Xunta resolveu 5.641 e decidiu conceder a prestación económica a 3.884 demandantes, o 68,85 do total, correspondendo 1.712 á Risga e 2.172 á axuda por unha situación de emerxencia.

Distribuir contido