RBiS

A Renda Básica das Iguais

Dende a ODS-Coia asumimos a defensa e a mellora da proposta da Renda Básica dos Iguais (RBiS), tarefa na que non faltan os apoios de moitos grupos e colectivos.

Definimos a RBiS como o dereito que ten cada cidadán e cada cidadá, polo feito de nacer, a percibir unha cantidade periódica para cubrir as súas necesidades materiais.

Tertulia: Renda Básica das Iguais [26-02-10]

Verdegaia, GAS e a ODS-Coia organizan unha tertulia baixo o título "Renda Básica das Iguais" que estará dinamizada por Manolo, membro de Baladre.

Será o venres 26 de febreiro no CSA Cova dos Ratos (r/ Romil 3, baixo) a partires das 20h45.

Podedes descargar o libriño da RBiS en galego neste enderezo: RBis en galego: www.box.net/shared/83hn2e408d

Charla-presentación: "A Renda Básica das Iguais como instrumento de loita nos barrios"

O Servizo de Información de Dereitos Sociais da nosa comunidade e o Grupo de Axitación Social (GAS) convocan unha charla-presentación co título: "A Renda Básica das Iguais como instrumento de loita nos barrios". Terá lugar o domingo 10 de maio ás 18.30 no salón de actos da parroquia.

Distribuir contido