Pobreza

Pobreza e desigualdade

Un dos eixos de traballo da ODS-Coia é loitar contra a pobreza e a desigualdade que xera o sistema neoliberal. Para isto sabemos que non faltan grupos e persoas en distintos territorios cos que podemos contar neste camiño.

Folga de fame: "El SERGAS te cura el cáncer. El INSS y el INEM te matan de hambre"

Nun dos actos organizados nestes meses Bea contactou con nós para compartir con nós a súa situación persoal marcada pola enfermidade e a falla de recursos e a vulneración de dereitos. Por todo isto hoxe día 21 de maio iniciou unha folga de fame co obxectivo de dar a coñecer a súa situación e de visibilizar os problemas que sufrimos cada día máis sectores da poboación.

Pide que lle deamos difusión á súa iniciativa e todo o apoio e solidariedade.

Se queredes saber con detalle toda a súa historia visitade a web que creou: sites.google.com/site/lavidanosigueigual

1 xuño Manifestación en Vigo "Pobos Unidos contra a Troika"

O 1 de Xuño a cidadanía europea manifestarase de xeito conxunto baixo o lema "POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA". Os estados portugués, francés, italiano, galego, escocés, español, grego, alemán... participarán nunha xornada de loita conxunta contra os tres responsables das medidas de austeridade: BCE, FMI e CE.

Ese sábado 1 de Xuño, ás 12:00 Vigo sairá á rúa nunha manifestación que percorrerá as rúas da cidade dende a Praza de España á Porta do Sol. Velaquí tedes o texto desta convocatoria:

O 1 de xuño as vítimas do capitalismo saímos as rúas de Europa. Saímos en contra dese sistema baseado na inxustiza social, a degradación medioambiental, o empobrecemento da maioría da poboación e a explotación dxs de abaixo por parte dxs de arriba.

Xornadas Maio: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika!

O 1 xuño hai convocada en toda Europa manifestacións en contra da Troika baixo o lema "Pobos Unidos contra a Troika". En Vigo varios colectivos animannos a participar a semana anterior a unhas xornadas que levan por título: Construíndo alternativas... Vigo contra a troika! e que están programadas a modo de preparativos da gran manifestación do sábado 1 de xuño.

Nas xornadas, colabora o GAS a ODS de Coia e o Espazo Aberto Antimilitar, nas seguintes actividades:

SÁBADO 25 MAIO - "Ferramentas para a transformación social", Manolo Saez de Baladre. No CS Revolta (Real 12) ás 18h00 Nel ademais de falar sobre a Renda Básica das Iguais (así como as loitas recentes realcionada como as acampadas en Extremadura, as ILP´s en marcha), abordará cuestións como os puntos de información sobre dereitos sociais, a protesta social, as radios comunitarias ou a coordinación horizontal.

"Sin nombre", Marieta Manso

Como tantas veces as palabras de Marieta Manso, cheas de compromiso, poesía e sensibilidade, nos serven para pensar noutro mañá:

"No tienen nombre

los migrantes sin papeles que son detenidos, retenidos, en un Centro de Internamiento para Extranjeros

las trabajadoras que cosen horas delante de las máquinas

los campesinos que llegan a la ciudad con las uñas manchadas de tierra

las niñas y los niños que no van a la escuela

Campaña de reclamación colectiva da revalorización das pensións

A veciñanza do barrio de Sants en Barcelona lanzou unha campaña esixindo que o goberno cumpra coa revalorización das pensións, por isto o día 22 de maio farán unha entrega colectiva de reclamacións nas dependencias da Seguridade Social. A perda de poder adquisitivo, unido ao incumprimento da lexislación nesta materia levou á xente deste barrio a organizarse e lanzar esta campaña en defensa dos seus dereitos.

Se queredes saber máis sobre esta campaña, descargar os modelos de reclamacións, etc. visitade a súa web neste enlace: salvemlespensions.wordpress.com

Esiximos nas portas do Alcampo unha Renda Básica

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS (Grupo de Axitación Social) organizamos hoxe 16 de maio un acto de rúa ás portas do Hipermercado Alcampo en Coia co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna. Trátase do segundo acto destas características que facemos, o primeiro diante dos servizos sociais en Coia, e avisamos que temos forzas para continuar con eles.

O acto se desenvolveu entre as 10:00 e as 13:00 horas cunha mesa informativa sobre a campaña “Vivir con dignidade é un dereito”, coa que pretendemos denunciar a dramática realidade que están a padecer moitas persoas no noso barrio e en toda a cidade a través da presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante a Xunta e o Concello; escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

Xoves 16/05 - Acto de rúa polo dereito a vivir con dignidade no Alcampo de Coia

A Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS (Grupo de Axitación Social) queremos convidarvos ao acto de rúa que organizamos o vindeiro xoves 16 de maio ás portas do Hipermercado Alcampo en Coia, co obxectivo de denunciar o crecente empobrecemento que sufrimos inxustamente unha gran parte da cidadanía e esixir ás institucións públicas, neste caso Concello e Xunta, que cumpran coa súa obriga de garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna.

Non podemos calar ante unha realidade terrible que cada vez é máis común: mentres moitas familias nos vemos na obriga de afrontar o día a día cuns mínimos ingresos ou mesmo sen eles, resultando imposible facer fronte ao pago de bens tan básicos como os alimentos, o aluguer, os recibos de auga e luz..., continuamos a recibir en demasiadas ocasións unha resposta negativa cando nos achegamos aos servizos sociais en busca dunha solución, cando menos parcial, aos nosos graves problemas. “Non hai cartos”, escoitamos con frecuencia. Pero mentres, hai cartos a esgalla para proxectos que nada teñen que ver cos dereitos fundamentais da cidadanía; e mentres, por exemplo, continúa sen ser executado o plan de axudas sociais para familias con escasos ou nulos recursos, aprobado o pasado xaneiro por un importe de 3,2 millóns...

Distribuir contido