31/05 - Concentración: Auga para todas!

O vindeiro martes 31 de maio, a partires das 11:00, diante da oficina de Aqualia na rúa Venezuela convocamos unha concentración baixo o lema "Auga para todas".

Non aturamos máis cortes por incapacidade de pagamento das facturas, e menos cando Aqualia segue a facer negocio cun dereito común. A resposta do goberno municipal é negar que existan cortes de auga (antes negaron que durman persoas nas rúas ou que na cidade haxa despexos) e anunciar medidas inexistentes.

A nosa pobreza ten responsables, isto non é un problema de mala xestión individual e, polo tanto, non se resolve "caso a caso". Isto é un problema colectivo, no que un dereito básico como a auga é utilizado como un ben de consumo máis por parte de Aqualia.

Fronte a iso esiximos: - Stop cortes auga.

- Remunicipalización do servizo.

- Cumprimento da obriga legal do Concello de garantir o acceso universal á subministración de auga, a través da aprobación dunha ordenanza na que se prevexan exencións para fogares con baixos ingresos.